Olloboi 2022

O pasado venres 10 de xuño tivo lugar o Olloboi 2022 co seguinte programa:

Muchachada, 10.30 a 14.00h - Cinema de guerriña en 4 localizacións de Boiro (Cabo, Abanqueiro, Escarabote e Praia Xardín), elaborando pezas sobre a recuperación do Entroido de Boiro. Podedes velas todas na pestana Muchachada 2022. A gañadora foi Fillas do Entroido, do IES Arcebispo Xelmírez 1 de Santiago.

  • As escolas participantes foron: IES Arcebispo Xelmírez 1(Santiago), IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), IES A Cachada (Boiro), IES Espiñeira (Boiro), CEIP Caión, CPI O Progreso (Catoira), IES Arzúa, IES Chamoso Lamas (Carballiño), CPI Os Dices (Rois) e IES Meaño.
  • As asociacións colaboradoras: Unión de Muchachas, A Gamela, Colectivo veciñal da Praia Xardín Asociación Cultural de Abanqueiro (A dorniña de Abanqueiro) e AAVV Fontenova de Escarabote.
  • Os cineastas cómplices e xurado desta edición (bota un ollo ás súas biografías máis abaixo!) foron: Ángeles Huerta (realizadora), Rosalía Fdez. Rial (poeta e actriz), Cris de la Torre (realizadora e docente), Sabela Hermida (actriz e produtora), Andrés Goteira (realizador), Suso López (produtor), Cris Iglesias (actriz e bailarina), Alba Domínguez (realizadora), Alfonso Zarauza (director), Leticia Blanco (posprodutora), Gon Caride (realizador), Laura Doval (produtora), Felipe Lage (produtor), Alba Gallego (realizadora), Sandra Sánchez (directora e montadora), Xulio Abonjo (actor), Gaspar Broullón (realizador e produtor), Juan Lesta (realizador), Loli Iglesias (montadora), Diego Anido (actor), Adrián Canoura (realizador), Aldara Pagán (realizadora e programadora), Dani Viqueira (realizador) e Ricardo de Barreiro (actor).

Xantar convivio e tempo para montar pezas, 14.30 a 17:30.

No parque do Esteiro de Río Coroño, logo da fantástica actuación do grupo Blues do País. Profes, veciñas, organización e cómplices comemos xunto á rapazada.

Cineforum ou espectáculo infantil, 18:00. 

Logo do visionado das pezas da Muchachada na Casa da Cultura, a xente escolleu entre:

  • Cinefórum con Eloy Domínguez, quen presentou as súas dúas ultimas pezas: Os Corpos e Rompente, gravada no Barbanza. Tema da charla: "Do documental á ficción".
  • No Parque da Cachada, espectáculo infantil do xenial Peter Punk.

Gala de entrega de premios, cea e foliada, 20:30, na Abadía de San Enrique.

Preto de 400 persoas de toda Galicia asistiron á entrega de premios, unha festa conducida por Federico Pérez e a súa filla, Xulia, xunto a Sabela Hermida. Colaboraron a Escola de Música de Boiro e os colectivos Nunca é Tarde e  Andavía gaiteiros.

Concerto de Jinetes del Trópico, 1:00h

Na Pousada das Ánimas, con entrada gratuíta.

Vídeos Edición 2022

Patrocinadores e Colaboradores

OlloCentros 2022!