10ª Edición Olloboi
Aquí tes as bases deste ano
A Asociación Olloboi convoca o Festival de Cine escolar “OlloBoi 2021” que este ano, lonxe de renderse ante as circunstancias, trae aire fresco.
A parte da tradicional recollida de pezas a concurso, entre as que se inclúen os traballos presentados na edición especial Covídeo 2020, ofrecemos gratuitamente obradoiros en liña para alumnado de primaria ou secundaria de toda Galicia e para docentes. Na pestana da nosa web ollobradoiros tedes información e un formulario para solicitalos. Vídeo explicativo.
Ata o 14 de maio podedes seguir inscribindo as vosas pezas en olloboi.com, onde atoparedes as bases específicas de participación desta convocatoria. Temos 10 categorías a concurso agrupadas en ensino primario, secundario, postobligatorio e unha novidade: o Olloboi Xubiloi!
Ademais, estamos moi felices de anunciarvos que acabamos de rematar unha película sobre os 10 anos do festival. Chámase Cadernas de Olloboi, e con ela pretendemos dar unha visión sobre a evolución do uso do audiovisual nas aulas, rendendo tributo a toda a comunidade cómplice que apoia este modelo educativo-cultural tan transversal, altruísta e rebelde.
Dadas as especiais circunstancias deste ano, non agardamos poder facer unha sesión presencial. Así e todo, organizaremos proxeccións de pezas, actividades formativas e unha entrega de premios virtual. Nas redes e na nosa web iremos ampliando detalles.
Así que… a pesar da que está caendo, querémosvos ver coa cámara na man!
Inscríbete no Olloboi 2021
Vídeos Edición 2021
-  
- 2021
- CAD A Pobra
- CEIP Frei Luís de Granada
- CEIP Parada-Campañó
- CEIP Plurilingüe Virxe do Mar
- CEIP Sanjurjo de Carricarte
- CPI As Mirandas
- CPI dos Dices-Rois
- CPI Pontecesures
- CPI Progreso Catoira
- ESCAC
- Facultade de Belas Artes
- IES As Barxas
- IES Breamo
- IES Concepción Arenal
- IES de Arzúa
- IES de Cacheiras
- IES María Soliño
- IES Pontepedriña
- IES Terra de Trasancos
- IESP de Ames
- SAT A Pobra
- Universidade Carlos III de Madrid
- Universidade de Santiago de Compostela
Patrocinadores e Colaboradores

Dpt. da Coruña
Patrocinador

Concello de Boiro
Patrocinador

Mancomunidade Arousa Norte
Patrocinador

Asteleiros Triñanes
Colaborador

Jealsa
Colaborador

JJ Chicolino
Colaborador

Deleite
Colaborador

Garlou
Colaborador

Unión de Muchachas
Colaborador

Mascolor
Colaborador

Autos R. Outeiral
Colaborador

Cabina Móvil
Colaborador

Gadis
Colaborador

Pousada das ánimas
Colaborador

Escola De Música de Boiro
Colaborador

Andavía
Colaborador

Academia Galega
Colaborador

Abadía de S.Enrique
Colaborador